martes, 20 de mayo de 2014

Bosque Galego ---> Eucalipto.

Ás veces, gústame dar un paseo eu soa, tranquilamente, polas pistas que atopo no meu pobo e polas que poucas veces atopo a alguén. E parecerá raro, pero por estas pistas, preto da ponte dun río pola que adoito cruzar, é por onde máis me relaxo, a pesar de que sexa case "polo medio do monte". 

Pois ben, isto, en 2039, pode cambiar e non ser nada igual. E un dos causantes é o eucalipto. 

Foi introducido en Galicia en 1860 por Fray Rosendo Salvado, e trátase dunha "árbore da familia das mirtáceas orixinaria de Australia e da que existen moitas especies, de folla perenne con característica forma de gadaña". 

Ata aquí ben. O problema vén coas consecuencias dunha plantación excesiva destas árbores. Porque claro que uns eucaliptos plantados no medio dun monte non van facer dano, pero a súa plantación excesiva sí o fai. De feito, estao facendo. 
O bosque de eucaliptos está extendido por toda Galicia, e non pasaría nada se isto non fixera dano ao noso ecosistema, pero o problema é que sí o fai, producindo unha alteración no ecosistema, que crea un territorio nada agradable para, por exemplo, moitos anfibios ou reptiles que habitan nos nosos montes. 

Deberiamos facer algo para evitar que o bosque de eucaliptos se convirta en algo autóctono e destroce e se apropie do noso ecosistema, que é o que sucederá en 2039 se a situación non cambia...
Porque eu, dende logo, non me quero quedar sen os meus paseos...

O envellecemento da poboación.

Camiño polo meu pobo, e a maioría da xente é anciá.
Isto faime pensar. Galicia ten unha gran cantidade de poboación envellecida, verdade? Porque isto non só pasa no meu pobo.


Pois esta noticia corrobórao:
 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/04/24/galicia-situa-pueblos-envejecidos-planeta/0003_201404G24P2991.htm?idioma=galego

Segundo esta entrada, a poboación galega de anciáns é cada vez maior, e non só iso, senón que Galicia é a terceira rexión europea con menor índice de fertilidade. 



Tendo isto en conta, se me imaxino unha rúa como a Rúa Real de Ferrol, por exemplo, en 2039, penso nunha rúa con xente, sí, pero ademáis de non moita, a maioría en idades adultas, ou anciáns, os cales provocarán que o ritmo de vida da poboación sexa moito máis lento e a xuventude quede moi reducida. 


Tanto que incluso esta pouca xuventude que queda decida emigrar a outros lugares onde relacionarse con máis xente e traballos acordes da súa idade. Porque, como lle escoitei xa varias veces a unha amiga de miña nai, o traballo do futuro está nos servizos sociais, pola forte demanda que se sufrirá cando o que quede sexa, na súa maioría, xente maior. 


E a miña pregunta é; se isto segue así, acabará por ir desaparecendo a xuventude e acabaremos os galegos desaparecendo pouco a pouco do mapa?... 

Se isto non cambia drasticamente, eu penso que si..



Feísmo galego.

Cando oín falar do feísmo non sabía moi ben a que se podía referir este termo. A wikipedia define como feísmo "un termo ou concepto acuñado en Galiza e estendido a outras partes da península e Latinoamérica que serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos estéticamente discutíbeis. Trátase de construcións humanas que degradan o entorno e que chocan frontalmente cos cánonesestéticos propios do lugar, e foi definido coma "un desleixo xeralizado que impera en boa parte das construcións do país e que se fai especialmente patente no medio rural e naquelas zonas que sofren os estragos da especulación urbanística". Pois respecto a isto, teño dúas opinións, e non sabería por cal decantarme.

A verdade é que respecto á paisaxe galega sempre pensei o típico de "Galicia é preciosa" (os tópicos galegos que todos coñecemos e que a todos nos fan crer).

Pois ben, na miña opinión Galicia é moi bonita. De verdade creo que é un dos lugares máis bonitos de España, e coas paisaxes máis fermosas, sobre todo as costeiras. Pero, non credes que ver isto é un pouco raro...? :








Este tipo de construccións, claramente, quedan un pouco raras na paisaxe. Por outra banda tamén penso que isto dalle un toque especial, e que na variedade está o gusto, xa que se todos os edificios fosen iguais, non existiría ese punto que estas construccións dan á paisaxe. 
Pero o certo é que por outra parte tamén penso que estas construccións están donde están simplemente por unha causa: a pouca importancia que lle damos ao coidado do medio ambiente. Porque aínda mo dicía unha amiga o outro día, que é pasar a fronteira con Asturias e non ten nada que ver o coidado da paisaxe que levan a cabo neste lugar co pouco coidado que lle ofrecemos os galegos á nosa paisaxe, que se supón que é tan bonita. 

A verdade é que se isto segue así, en 2039 imaxínome Galicia nun estado bastante peor do que está agora. Máis abandonada, e con paisaxes aínda máis estranas que esta. 

A solución? Coidar algo máis da nosa terra e o noso entorno, que tampouco costa tanto...

Día das letras galegas...?

17 de maio de 2014. Día das letras galegas. Homenaxeado: Xosé María Díaz Castro


17 de maio de 2039. Día... das letras galegas?


Segundo Wikipedia, "Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria", que comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963 coa publicación de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro.

Pero xa que o outro día foi o Día das Letras Galegas e vin e escoitei noticias acerca del, deume en pensar... que pasaría se a lingua galega desaparecese? Seguiríase levando a cabo este día, que, se supón, conmemora a lingua galega e a aqueles/as escritores/as máis destacados?


Para empezar, dende o meu punto de vista, e segundo o claro estado de desaparición da lingua galga, non faltan moitos ans para que o galego quede extinto, deixando a lingua que nos pertence abandonada á súa sorte. 

E é que eu penso que nos debería dar vergoña facerlle iso a algo que é noso, e polo que deberiamos sentirnos orgullosos. 

Ademáis, tendo en conta o escaso número de falantes que hoxe en día utilizan o noso idioma, en 40 anos opino que esta lingua estará extinta se non  por completo, case. 


Imaxino un neno en 2039, e só se me ven á mente un rapaz cuxa lingua materna e o castelán... Se isto sucede agora, canto máis en 2039... O  único que quedará será o seu avó, que, con bastante sorte, será galego falante, e o neno quedará probablemente abraiado da lingua que o seu avó sabe pero na súa vida diaria nunca escoita.


Pero tamén penso que se poñemos da nosa parte a situación podería cambiar, nunca se sabe. Só queda concienciar á xente máis nova sobre o orgullo de ter unha lingua coma o galego, e das falsedades que o rodean. 


Alguén imaxina cómo sería un 17 de maio sen ser o Día das Letras Galegas? 

Eu sí, e a verdade é que ou facemos algo por cambiar a situación, ou non creo que isto tarde tanto en suceder...

domingo, 20 de abril de 2014

ALEJANDRO DE LA SOTA



"Me gustó siempre hablar de Arquitectura como divertimento; si no se hace alegremente no es Arquitectura. Esta alegría es, precisamente, la Arquitectura, la satisfacción que se siente. La emoción de la Arquitectura hace sonreír, da risa. La vida no."


Esta afirmación díxoa un home que é considerado un dos mellores arquitectos españois do S.XX, e que resulta que era galego.  


O home da fotografía é Alejandro de la Sota, e naceu en Pontevedra. Naceu no seo dunha familia de clase media-alta, o que lle permitiu desenvolver rapidamente as súas aptitudes artísticas. Debido a isto, trasladouse a Madrid, onde estudou na Escola de Arquitectura de Madrid, e pouco despois graduouse, para nuns anos converterse en profesor desta mesma escola. Á vez, compaxinou o seu traballo como arquitecto e levou a cabo varios proxectos que hoxe en día son moi recoñecidos. Velaquí algúns exemplos: 

GIMNASIO MARAVILLAS DE MADRID:







SEDE DO GOBERNO CIVIL DE TARRAGONA:






CASA DOMINGUEZ (Poio, Pontevedra)




A razón pola que atopei a este home (xa que non sabía da súa existencia, a verdade) foi mentres buscaba noticias intentando atopar un tema sobre o que falar nesta entrada. E esta foi a noticia que me deu a coñecer a figura deste arquitecto. 
Paréceme xusto que se elabore a exposición que trata a noticia, xa que penso que se trata dunha figura representativa galega, que debería darse máis a coñecer na nosa cultura.

Para finalizar así como comecei, deixo outra frase deste home: 

"La arquitectura es traidora con sus amantes y como tal debemos tratarla, cogiéndola siempre de improviso. Se nos hace vieja en nuestro pensamiento, en nuestras manos, antes ya de construida".



LUIS TOSAR

Se penso no cine galego e nos actores que o compoñen, un dos primeiros nomes de máis sona que se me veñen á mente é o de Luis Tosar.




Luis Tosar naceu en Lugo e comezou co teatro e a curtametraxe,  pero cando realmente acadou a súa fama en Galicia foi na serie "Mareas Vivas", da TVG, que logrou que a súa carreira fose en ascenso.








Na actualidade, este actor traballa incluso para o estranxeiro, e recibiu numerosos premios, aínda que os máis destacables son tres Premios Goya; 



-Mellor actor de Reparto (2003) - 















-Mellor actor protagonista (2004) - "Te doy mis ojos






















-Mellor actor protagonista (2009) - 


















Outras películas nas que aparece son  "Mientras Duermes", "También la lluvia", ou "Operación E".

Pero ademáis de adicarse ao cine, entregouse a outras labores, como o apoio á Plataforma Nunca Máis, creada polo naufraxio do Prestige en 2002, e adicouse tamén á política, formando parte do BNG
Outra das súas facetas é o humor, e é integrante do trío "The Magical Brothers", xunto con Cesar Goldi e Piti Sanz, e tamén forma parte do Grupo "Di Elas". Un home polifacético, dende logo. 
Por último, aquí deixo dúas cancións do grupo: 











MIGUELANXO PRADO

Non sabía cara que ámbito encamiñar a seguinte entrada, pero decidín buscar información sobre o cómic galego.
A verdade é que eu nunca fun de ler cómics, aínda que pola casa sempre había algún de meu irmán, de cando era pequeno, de "Mortadelo y Filemón" sobre todo. Pero os que nunca atopei foron do autor galego do que vou falar a continuación e o cal encontrei con pouco máis que poñer a palabra "mellor cómic galego" en google: Miguelanxo Prado.


Miguelanxo Prado, que nun principio ía estudiar arquitectura, deixou a súa carreira aos 20 anos, aproximadamente, cando descubriu o cómic. A partir de ahí, a súa carreira xunto coa súa fama foron en ascenso, e chegou a traballar para personaxes como Steven Spielberg, ou para a editorial Kodansha, unha das máis importantes en Xapón. Ademais, atópasae na infancia da maioría dos nenos galegos, xa que foi o creador de moitos dos debuxos do Xabarín Club.
En 2009 ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes.

Algunhas das súas obras son:

Premio a la Mejor Obra en el Salón del Cómic de Barcelona 1994

Mejor obra y mejor guión del Salón del Cómic de Barcelona (2005)

Tamén levou a cabo unha película de animación na que se ocupou da maior parte do seu proceso de creación, a cal deixo a continuación: 



Por último, déixovos un enlace ao blog de Miguelanxo "Papeles dispersos", e unha reportaxe adicada a el: