martes, 20 de mayo de 2014

Bosque Galego ---> Eucalipto.

Ás veces, gústame dar un paseo eu soa, tranquilamente, polas pistas que atopo no meu pobo e polas que poucas veces atopo a alguén. E parecerá raro, pero por estas pistas, preto da ponte dun río pola que adoito cruzar, é por onde máis me relaxo, a pesar de que sexa case "polo medio do monte". 

Pois ben, isto, en 2039, pode cambiar e non ser nada igual. E un dos causantes é o eucalipto. 

Foi introducido en Galicia en 1860 por Fray Rosendo Salvado, e trátase dunha "árbore da familia das mirtáceas orixinaria de Australia e da que existen moitas especies, de folla perenne con característica forma de gadaña". 

Ata aquí ben. O problema vén coas consecuencias dunha plantación excesiva destas árbores. Porque claro que uns eucaliptos plantados no medio dun monte non van facer dano, pero a súa plantación excesiva sí o fai. De feito, estao facendo. 
O bosque de eucaliptos está extendido por toda Galicia, e non pasaría nada se isto non fixera dano ao noso ecosistema, pero o problema é que sí o fai, producindo unha alteración no ecosistema, que crea un territorio nada agradable para, por exemplo, moitos anfibios ou reptiles que habitan nos nosos montes. 

Deberiamos facer algo para evitar que o bosque de eucaliptos se convirta en algo autóctono e destroce e se apropie do noso ecosistema, que é o que sucederá en 2039 se a situación non cambia...
Porque eu, dende logo, non me quero quedar sen os meus paseos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario